Manuel Vázquez de Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Vázquez de Parga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1828 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1908 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador de España
Councillor of State (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 15714

Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares, III conde de Pallares, nado en Vilalba o 13 de xuño de 1828 e finado en Madrid o 11 de novembro de 1908, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Vázquez de Parga Baamonde. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872) e vitalicio dende 1877. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897).

Fundou e dirixiu Revista de Galicia (1850), fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El Eco de Galicia (1872) onde levou a cabo unha campaña sobre a "Cuestión Foral" e, con Antonio Medina, outra sobre a "Construción del Ferrocarril, línea general del Noroeste".

Obras[editar | editar a fonte]

  • Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de agricultura en Galicia (con José Pardo Bazán), 1862.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Paz de la Riva Estévez e foi pai de Germán e Nicolás Vázquez de Parga de la Riva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Veiga Alonso, Xosé Ramón (1996). Progreso, prensa e ferrocarrís en Galicia. A actividade do Conde de Pallares (1855-1883). Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-071-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]