Catarina de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCatarina de Castela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1422 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Illescas Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1424 Editar o valor em Wikidata (1 ano)
Madrigal de las Altas Torres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaConvento Agustino de Extramuros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa de Asturias
Infanta of Castile (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor em Wikidata
PaisXoán II de Castela Editar o valor em Wikidata  e María de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsHenrique IV de Castela, Afonso de Castela, Isabel I de Castela, Leonor de Castela, Princesa das Astúrias (pt) Traducir e Infanta Maria of Castile (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 8145400 Editar o valor em Wikidata
Notes

Catarina de Castela, nada en Illescas, na actual provincia de Toledo, o 5 de outubro de 1422 e finada en Madrigal de las Altas Torres o 10 de setembro de 1424, foi unha infanta de Castela, filla primoxénita do rei Xoán II.

Como herdeira ao trono, foi xurada en 1423 como Princesa de Asturias, título que ostentou até a súa prematura morte.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catarina naceu o 5 de outubro de 1422 en Illescas, sendo a primeira dos fillos do matrimonio entre Xoán II de Castela e a súa primeira esposa María de Aragón, e foi bautizada por Diego Gómez de Fuensalida, bispo de Zamora.

O rei dirixiuse á corte de Toledo, desde onde mandou chamar á raíña para que acudira coa súa filla. A infanta acabada de nacer debía ir a aquela cidade para ser recoñecida e xurada como princesa herdeira da Coroa. Xoán II ordenou, entón, que as Cortes se reuniran en Toledo, pero, debido a unha epidemia de peste, o rei non puido chamar aos procuradores. Por iso, partiron distintos cabaleiros en cuxas mans os representantes das cidades debían prestar o xuramento que non puideron realizar á princesa en persoa.[2] Así, a Infanta foi formalmente recoñecida como a sucesora ao trono do reino e proclamada como Princesa de Asturias polas Cortes de Toledo o 1 de xaneiro de 1423.[1]

A Crónica de los Reyes de Castilla describe o acto celebrado nunha sala do Alcázar de Toledo en xaneiro de 1423, da seguinte forma:[3]

[...] el infante don Juan [el primero de los nobles] llegó a la cama donde estaba la princesa, y le besó la mano, y en las manos del rey hizo juramento y pleito de homenaje que en el caso que el rey falleciera sin dejar hijo varón legítimo... que desde entonces había a la princesa por reina y señora en estos reinos... y que guardaría su vida y salud y todo su servicio, a provecho y bien común de estos reinos, y desviaría todo mal y peligro de su persona y daño de sus reinos en cuanto él pudiese; y haría guerra y paz por su mandado de las villas y lugares y castillos que en estos reinos tenía, y la recibiría en ellos y en cada uno de ellos, airada o pagada, de día o de noche, con muchos o con pocos, como ella pluguiese; y que correría en todos sus lugares su moneda y no consentiría que corriese otra, y que haría y guardaría cerca de ella todas las cosas y cada una de las que el buen vasallo debe y es tenido de guardar a su rey y señor natural. Y esto hecho, el rey mandó que todos besasen la mano a la princesa y le hiciesen pleito y homenaje en las manos del infante Juan, teniendo el obispo de Cuenca el misal y la cruz en las manos, en que se producía el juramento.

Para festexar estes acontecementos, celebráronse un torneo e varias xustas nunhas festas que duraron unha semana.

O 10 de setembro de 1424 faleceu Catarina en Madrigal de las Altas Torres, cando aída non cumprira os dous anos de idade. A morte da princesa de Asturias deixou como única herediera a súa irmá Leonor, que naquel entón tiñaa un ano, á espera de que a raíñ dera a luz ao fillo que esperaba. O 5 de xaneiro de 1425 nacería un varón, Henrique, que chegaría a ocupar o trono como Henrique IV.

A princesa Catarina está sepultada na Cartuxa de Miraflores (Burgos), xunto co seu pai e a súa segunda esposa, Isabel de Portugal.[4]

Predecesor:
Xoán de Castela
Princesa de Asturias
1423 - 1424
Sucesor:
Henrique de Castela
(Leonor de Castela)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 VV. AA. (2001): Tratado de genealogía, heráldica y derecho nobiliario. Segundo curso de Licencia de la Escuela de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria. Madrid: Instituto Salazar y Castro, CSIC. Editorial Hidalguía. ISBN 84-0005-668-X.
  2. Colmeiro, Manuel (1884): Cortes de los antiguos Reinos de León y de Castilla. Madrid: Real Academia de la Historia, 1861-1903 (Imp. y Estereotipia de M. Rivadeneyra).
  3. Martín, José Luis (2003): Enrique IV de Castilla. Rey de Navarra, Príncipe de Cataluña Arquivado 17 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. Hondarribia: Ed. Nere.
  4. Pedro Aguado Bleye e Cayetano Alcazar Molina (1969): Manual de historia de España. Tomo I. Prehistoria. Edades antigua y media. Manual para la enseñanza secundaria y universitaria. Madrid: Espasa-Calpe.
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Leonor

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pérez de Guzmán, Fernán; Galíndez de Carvajal, Lorenzo (1779): Crónica del señor rey don Juan, segundo de este nombre en Castilla y en León. Imprenta de Benito Montfort.
  • Risco, Manuel (1795): España sagrada. De la Iglesia exenta de Oviedo desde el medio del siglo XIV hasta fines del siglo XVIII. Tomo XXXVIII. Oficina de la viuda e hijo de Marín.