Teobaldo II de Blois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeobaldo II de Blois

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Thibaut II de Blois Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 983 Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xullo de 1004 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Blois, Châteaudun and Chartres (en) Traducir (995–1004) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Blois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOdón I de Blois Editar o valor em Wikidata  e Berta de Borgoña Editar o valor em Wikidata
IrmánsOdón II de Blois Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Blois-44

Theobaldo II de Blois, nado en 979 ou 981 e finado o 11 de xullo de 1004, foi conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Tours, de Provins e de Reims.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Era fillo do conde de Blois, Chartres, Tours, Châteaudun, Provins, Reims, Meaux e Troyes, Eudes I de Blois e Berta de Borgoña, filla do rei de Arlés ou Borgoña Conrado III de Borgoña o Pacífico.

Biografía[editar | editar a fonte]

Brasón orixinal dos condes de Blois

En 996, tras a morte do seu pai, sucedeuno nos títulos e goberno dos territorios dos condados, agás nos condados de Meaux e Troyes que volveron á casa de Vermandois.

No mesmo ano a súa nai Berta, que estivera tolamente namorada do rei de Francia Roberto II[1], que quería casar con ela, non obtivo o permiso nin do papa Gregorio V nin do rei Hugo Capeto, o pai de Roberto, xa que eran curmáns de terceiro grao.

Tamén en 996, á morte de Hugo Capeto, Roberto converteuse en rei de Francia e uns meses despois casou coa súa segunda muller, a súa curmá Berta, conseguindo así a sucesión do ducado de Borgoña, a pesar da oposición do Papa. Isto provocou que, en 997, o Papa lle impuxese sete anos de penitencia e o ameazase coa excomuñón (que impuxo) aos dous cónxuxes. Tamén puño en interdito ao rei de Francia, se non se separaban.

Teobaldo II, en 1004, faleceu con pouco máis de 20 anos sen deixar herdeiros, xa que, ao parecer, abrazara a vida eclesiástica, e foi sucedido polo seu irmán máis novo Eudes II de Blois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En decembro de 987, seu pai Hugo Capeto asociárao ao trono e coroárao, polo cal, á súa morte, a sucesión de Roberto II de Francia podería ter contestación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Halphen, "La Francia dell'XI secolo", cap. XXIV, vol. II, 1999

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]