Papiro de Rhind

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papiro de Rhind.

O papiro de Rhind é un papiro exipcio datado no 1650 a.C. Xuntamente co papiro de Moscova é o documento matemático máis importante do Antigo Exipto. É un documento de carácter didáctico que contén diversos problemas matemáticos.

Está redactado en escritura hierática e mide uns seis metros de lonxitude por 32 cm de largo, e está escrito polas dúas caras, encontrándose en bo estado de conservación. O texto, escrito durante o reinado de Apofis I, é copia dun documento do século XIX a. C. da época de Amenemhat III.[1]

É unha copia realizada por un escriba chamado Ahmes pola que tamén se coñece como papiro de Ahmes.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi escrito polo escriba Ahmes a mediados do século XVI a. C., a partir de textos de trescentos anos de antigüidade, segundo relata Ahmes ao principio do texto.[2]

O papiro encontrouse no século XIX, xunto a un rolo de coiro, entre as ruínas dunha edificación próxima ao Ramesseum, e adquirido por Henry Rhind, un anticuario escocés, en 1858, en Luxor (Exipto), e por iso leva o nome de Rhind.[2] O documento componse de 14 láminas, duns 40 por 32 cm, e está dividido en tres partes. A parte principal, dous fragmentos, custódianse desde 1865 no Museo Británico de Londres (os papiros EA 10057 e EA 10058), aínda que non están expostos ao público; o outro fragmento está no Museo de Brooklyn de Nova York (o 37.1784E).[2]

Contido[editar | editar a fonte]

Fragmento do papiro de Rhind

Os antigos exipcios coñecían as fraccións, pero non realizaban o cálculo de fraccións como o coñecemos hoxe, pois escribían os números fraccionarios como suma de fraccións unitarias, é dicir, fraccións co número 1 no numerador.[3]

Para eles, o concepto de non existía e representábano coa notación actual da forma . Ademais, antes de cada problema, descríbense dúas táboas de descomposición de fraccións para facilitar os cálculos dos problemas posteriores. Na primeira aparecen os valores de fraccións do tipo con n = 1, 2..., 10. Na segunda, máis extensa, descríbense as fraccións con n senario e n = 5, 7..., 101.

Os resultados poden chegar a ser tan complicados como, por exemplo:

O texto contén 87 problemas matemáticos con cuestións aritméticas básicas, fraccións, cálculo de áreas, volumes, progresións, reparticións proporcionais, regras de tres, ecuacións lineais e trigonometría básica.

De acordo co contido do papiro publicado por Richard J. Gillins en Mathematics in the Time of the Pharaons podémolos clasificar en:

  • operacións con números racionais enteiros e fraccionarios (1 a 23, 47, 80, 81);
  • resolución de ecuacións de primeiro grao (24 a 27, 30 a 38);
  • problemas de "pensar un número..." (28, 29);
  • progresións aritméticas (39, 40 e 64);
  • volumes, capacidades e poliedros (41 a 46, 56 a 60);
  • áreas de figuras planas (48 a 55);
  • regra para obter os 2/3 de números pares (61 e 61B);
  • proporcións (62, 63, 65 a 68);
  • progresións xeométricas (79);
  • varios (80 a 87).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez Rodríguez, Ángel (2000), páx. 145.
  2. 2,0 2,1 2,2 Sánchez Rodríguez, Ángel (2000), páxs. 144-5.
  3. Este tipo de sumas son coñecidas hoxe como fraccións exipcias.
  4. Sanchez Rodriguez, Ángel (2000) pp. 145-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Couchoud, Sylvia (2004): Mathématiques Égyptiennes. Recherches sur les connaissances mathématiques de l’Égypte pharaonique. Paris: Éditions Le Léopard d’Or. ISBN 2-863777-118-3.
  • Gillings, Richard J. (1972): Mathematics in the Time of the Pharaohs. Boston, MA: MIT Press. ISBN 0-262-07045-6.
  • Peet, T. E. (1923): "Arithmetic in the Middle Kingdom", in J. Egyptian Arch. 9, 91-95, 1923 (Edición moderna do Papiro de Rhind).
  • Sánchez Rodríguez, Ángel (2000): Astronomía y matemáticas en el antiguo Egipto. Medellín, Colombia: Aldebarán. ISBN 84-95414-08-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]