Espada de lingua de carpa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espada de lingua de carpa. Bronce Final. 1150-850 a. C.

A espada de lingua de carpa é un tipo de espada producida orixinalmente durante a Idade de Bronce atlántica, inicialmente en Francia para logo extenderse por toda a Europa atlántica. Foi o primeiro modelo de espada capaz de combinar a capacidade de corte e de estocada.

Características[editar | editar a fonte]

Caracterízanse pola ampla variabilidade morfolóxica e por unha gran dispersión xeográfica, que chegou ao oeste a Galicia, ao leste a Polonia, ao norte ás illas británicas e ao sur a Sicilia.[1] Morfoloxicamente clasifícanse normalmente pola forma do recazo (parte sen fío da espada) ou pola forma da empuñadura.[1]

A folla de bronce era ancha, de bordos paralelos, cunha punta pronunciada, a "lingua da carpa", de aí o nome, tan grande como un terzo da propia folla; o mango, como noutros exemplos de espadas da Idade do Bronce, era de metal, fixado á folla mediante remaches (dous ou catro).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Brandherm, Dirk; Moskal-del Hoyo, Magdalena (2010). "Las espadas en lengua de carpa - aspectos morfológicos,metalúrgicos y culturales". Trabajos de Prehistoria. ISSN 0082-5638. 
  2. Cascarino, Giuseppe (2007). L'esercito romano. Armamento e organizzazione. ISBN 88-8474-146-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]