España (xornal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

España
TipoInformación xeral
Corbranco e negro
Fundación25 de outubro de 1938
Remata31 de outubro de 1967
FundadorGregorio Corrochano
Linguacastelán
LocalidadeTánxer
Ámbito(Marrocos)
Periodicidadediaria
ISSN9969-249X
editar datos en Wikidata ]

O España foi un xornal publicado en Tánxer entre 1938 e 1967.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1938,[3] por inspiración do alto comisario de España en Marrocos, Juan Beigbeder,[4] o xornal sacou o seu primeiro número o 25 de outubro de 1938.[5] O seu fundador e primeiro director foi o xornalista Gregorio Corrochano.[6] O diario foi publicado nun contexto en que Falanxe editaba varios diarios no norte de África,[7] incluída a Zona Internacional de Tánxer. Aínda que se editaba na cidade tanxerina, a liña editorial de España non prestaba moito interese polos asuntos africanos e, pola contra, si o facía sobre os asuntos españois e internacionais.[6] Tamén adoitaba ofrecer abondosas crónicas taurinas.[6] No seu mellor momento chegou a ter unha tirada diaria de 50.000 exemplares. O España converteuse no principal diario español do norte de África.[8] Malia as súas orixes, a súa redacción acolleu a moitos exiliados republicanos.[5] Na década de 1950, publicou un suplemento satírico, Don José,[9] baixo a dirección de Antonio Mingote.[10] O seu derradeiro número foi do 31 de outubro de 1967.[5]

Tras a súa desaparición, foi sucedido polo Sol de España, que se publicou en Málaga entre 1967 e 1982.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aubert, Paul; Desvois, Jean-Michel (1996). Presse et pouvoir en Espagne, 1868-1975. Maison des Pays Ibériques. ISBN 2-909596-11-7. 
  • Carrasco González, Antonio M. (2012). El reino olvidado: Cinco siglos de historia de España en África. La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9970-729-7. 
  • Conde Martín, Luis (2002). Historia del humor gráfico en España. Lleida: Milenio. ISBN 84-9743-058-1. 
  • Crespo, Gérard (2016). Les Espagnols au Maroc, 1859-1975. De la guerre d’Afrique à l’indépendance du Sahara Espagnol. Edilivre. ISBN 978-2-334-07004-1. 
  • Fontes, Ignacio; Menéndez, Manuel Ángel (2004). El parlamento de papel. Las revistas españolas en la transición democrática I. Asociación de la Prensa de Madrid. 
  • García Baquero, Antonio; Romero de Solís, Pedro (2003). Fiestas de toros y sociedad. Universidade de Sevilla. ISBN 84-472-0817-6. 
  • Israel Garzón, Jacobo (2008). Los judíos hispano-marroquíes (1492-1973). Hebraica Ediciones. 
  • Moreiro, Julián; Melquiades Prieto, Santiago (2000). La Codorniz: Antología (1941-1978). EDAF. ISBN 84-414-0463-1. 
  • Naval, M.ª Ángeles (2001). La Novela de Vértice y la Novela del sábado I. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07891-8. 
  • Reig García, Ramón (2011). La comunicación en Andalucía: Historia, estructura y nuevas tecnologías. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces. ISBN 978-84-939078-0-8. 
  • Sánchez Ruano, Francisco (2004). Islam y Guerra Civil Española: Moros con Franco y con la República. La Esfera de los Libros.