Esmaragdo de Rávena
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI |
| Morte | 611 |
| Exarca de Ravenna | |
| 603 – 608 ← Calinico, Exarca – Xoán I Lemixio → | |
| Exarca de Ravenna | |
| 585 – 589 ← Decio, exarca – Romano → | |
| Estatúder | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, militar, beamter (en) |
Esmaragdo foi Exarca de Rávena dúas veces (585-589 e 603-611). Esmaragdo foi coñecido pola súa violencia contra os seguidores da Controversia dos tres capítulos. Ordenou ao arcebispo cismático de Aquileia e aos seus seguidores, que estaban en Grado, que fosen a Rávena para asistiren a un concilio. Como o concilio fracasou na resolución dos asuntos propostos, obrigou ao arcebispo a declarar a súa lealdade ao credo ortodoxo. A súa violencia, xunto coas acusacións supostas de loucura, levaron á súa destitución do cargo no 589. Outros sucesos importantes durante o seu primeiro mandato foi a recuperación de Classis dos longobardos en 588.
En 603 o emperador bizantino Focas restableceu a Esmaragdo no seu posto anterior. Desgraciadamente herdou unha guerra contra os longobardos do seu predecesor Calinico, e rexeitou liberar a filla do rei longobardo Axilulfo, así como ao seu home, ambos collidos prisioneiros polos bizantinos en 601. En xullo de 603, Cremona, Mantua, e Vulturina, xunto coa maior parte da Italia setentrional, volveran a mans longobardas, e Esmaragdo foi forzado a liberar os seus reféns para evitar máis perdas. Conseguiu manter a paz cos longobardos durante o resto do seu mandato. Volveu ser substituído cando Focas foi asasinado, esta vez por Xoán I Lemixio.