Esllabón Lleonesista
Esllabón Lleonesista | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1997 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esllabón Lleonesista (Elo Leonesista en galego) é unha asociación socio-cultural de ideoloxía leonesista fundanda no ano 1997 por persoas de distintas sensibilidades ligadas ao leonesismo social. Nela participan militantes e ex-militantes de partidos políticos leonesistas así como persoas independentes non ligadas a ningunha organización. O seu presidente actual é Amadeo Núñez e conta entre os seus membros militantes históricos do leonesismo como Félix Pérez Echevarría 'Cheva'. A asociación pasou por diferentes etapas de actividade e inactividade ao longo da súa historia. Na actualidade, a asociación participa moi activamente na vida social e cultural da cidade de León, onde concentra a meirande parte das súas ocupacións. A asociación ten unha publicación propia chamada Bolteo a cal é publicada e distribuída pola asociación na actualidade, pero que tamén viviu períodos de inactividade coma a propia asociación[1].
Obxectivos
[editar | editar a fonte]O obxectivo principal da asociación é o logro dunha autonomía para o que eles denominan o País Leonés así como o fomento da identidade leonesa. Para iso, pretenden vertebrar todo tipo de iniciativas de tipo social, cultural, político e lingüístico que axuden a concienciar á sociedade leonesa neste sentido[2].
Así, participan en todo tipo de iniciativas e organizan todo tipo de actos e manifestacións para fomentar a colaboración de todas as persoas, asociacións, e organizacións leonesistas para avanzar na consecución dunha autonomía para a Rexión leonesa dende o terreo da sociedade civil.
Actividade
[editar | editar a fonte]Esllabón Lleonesista arranxa diferentes tipos de actos aos cales acoden simpatizantes leonesistas, intelectuais locais, asociacións e organizacións leonesistas. Un dos actos de maior fama é a Noitevella leonesista, que a asociación celebra anualmente. É un acto de tipo reivindicativo no que participan colectivos da provincia de León[3] e que adoita celebrarse a principios de xaneiro. Nos últimos anos a asociación está a impulsar os chamados Concejos Abiertos nos que participan membros de organizacións e partidos políticos leonesistas así como simpatizantes. Nestas reunións, discútese sobre a situación do chamado País Leonés e vertébranse iniciativas para a mellora e solución dos problemas das provincias da Rexión de León[4].
A asociación organizou e participou en diferentes manifestacións reivindicativas nas que apoiaba diferentes reclamacións: unha facultade de medicina para a Universidade de León[5], a mellora das infraestruturas ferroviarias en León[6], a defensa do GREIM (Grupo Especial de Rescate e Intervención na Montaña da Garda Civil) de Sabero[7] e iniciativas contra a corrupción nas institucións de León[8] entre outras.
A asociación mantén contactos con diferentes partidos políticos como a UPL[9]. Aínda que a súa actividade se concentra na provincia de León, tamén participa en iniciativas fóra da provincia, coma no caso dunha manifestación leonesista na cidade de Salamanca no ano 2013[10][11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2014. Consultado o 31 de maio de 2014.
- ↑ http://esllabon.blogspot.com.es/p/quienes-somos.html
- ↑ http://www.lavanguardia.com/vida/20140105/54397802015/la-nochevieja-leonesista-pide-apoyo-para-que-leon-sea-la-capital-europea.html
- ↑ http://leonoticias.com/frontend/leonoticias/Esllabon-Impulsa-El-Segundo-Concejo-Abierto-Sobre-El-Futur-vn142299-vst216
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2014. Consultado o 31 de maio de 2014.
- ↑ http://leonoticias.com/frontend/leonoticias/Leon-ruge-En-Una-Protesta-Historica-A-Favor-Del-Ferrocarri-vn141290-vst309
- ↑ http://esllabon.blogspot.com.es/
- ↑ http://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-esllabon-lleonesista-exige-dimision-carrasco-supuesta-multiplicidad-sueldos-dietas-20111204123620.html
- ↑ http://www.uniondelpuebloleones.es/?p=20349
- ↑ http://leonsurdigital.com/not/902/leonesistas_convocados_en_salamanca
- ↑ http://www.ileon.com/actualidad/027691/esllabon-lleonesista-anima-a-los-leoneses-a-manifestarse-el-11-de-mayo-en-salamanca?d=print