Esenia
Esenia | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galiza |
Período | 2004 - 2011 |
Xénero(s) | Gothic-Metal |
Selo(s) discográfico(s) | Qmram records |
Membros | Marcos Díaz (batería), José López de Guereñu (teclado), Manuel Seoane (baixo), Diego Cossío (voz), Andrés Cunha (guitarra), Adrián P. Fojo (guitarra) |
Antigos membros | Javier, Cristina |
Na rede | |
www.esenia.org |
Esenia foi unha banda viguesa de gothic-metal, nacida no verán de 2004. Formada por membros doutras bandas da cidade, xuntáronse coa pretensión de facer un grupo serio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezan facendo versións de grupos como Him, Entwine ou The 69 eyes, e axiña comezan a dar concertos con temas propios. En xaneiro de 2005 participan no primeiro festival Planeta Musical, para o que editan editan Creo, un sinxelo con 3 temas, un propio ("Creo") e dúas versións de Him. En outubro de 2005 sae ó mercado Amnio, un EP autoproducido que recibe moi boas críticas en medios especializados. Coa distribución deste EP comezan a ser coñecidos, o que lles permite saír a tocar a lugares como Oporto ou Madrid.
En marzo de 2006 hai cambios na formación. É expulsado Javier, membro orixinal da banda, sendo substituído por Andrés, membro tamén da banda de rock'n'roll High Sierras. Tamén no 2006 Cristina deixa a banda por motivos persoais, pasando a formación a ser un sexteto.
Ese ano editan o sinxelo Fragmentos, adianto do seu primeiro CD, que ten previsto ser editado no 2007.
No 2007 aparecen no recompilatorio Gallaecian metal compilation, editado por Falcatruada. O seu tema "Creo" aparece no segundo cd (Fusco).
Ese mesmo ano participan na Rede Galega de Música ao Vivo, dando concertos nas catro provincias.
En maio de 2011 anunciaron a disolución da banda no seu perfil de Facebook[1].