Escudo de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Ferrol.

O escudo da cidade de Ferrol foi aprobado o 22 de xuño de 1778 por unha sesión municipal do seu concello. O alcalde, Pedro Bayón, declarou que o escudo heráldico de armas consistía nunha torre con farol, canón e áncora a cada lado.[1] Este deseño foi modificado co tempo e ten variantes que se poden ver por toda a cidade.[2] Nin o escudo de Ferrol nin a bandeira están aprobados pola Xunta de Galicia nin foron publicados no DOG. O concello de Ferrol emprega como deseño nas súas comunicacións un logo estilizado con coroa, castelo con farol, bandeiras e canóns.

Descrición do escudo[editar | editar a fonte]

O elemento central do escudo de Ferrol é unha torre que posúe un torreón de pequeno tamaño na súa parte superior. Con frecuencia a torre aparece representada de cor branca (blasonado de prata) aínda que nalgunhas ocasións é de cor amarela ou dourada (de ouro). A porta e as xanelas da torre posúen unha cor (esmalte heráldico) diferente, xa que son vermellas (de goles) e sobre a torre (sumada) aparece representada unha pértega cun farol. A torre aparece representada sobre unhas rochas (terrazada de rochas) que se atopan situadas sobre ondas (faixado-ondulado) azuis (de azur) e brancas.

Detrás da torre aparecen colocadas catro bandeiras, situadas dúas a cada lado. Dúas das bandeiras son da cidade de Ferrol, formadas por cadros de cor branca e azul e as outras dúas son españolas. Xunto ás bandeiras hai dous canóns e, apoiadas na torre, dúas áncoras.

Aínda que no timbre do escudo estendeuse o uso dunha coroa de marqués (en ocasións substituída por unha ducal), algúns autores sinalaron que sería máis axeitado substituíla por unha coroa real pechada porque a cidade dependía da Coroa cando se adoptaron as súas armas.

Nalgunhas ocasións, os elementos do escudo aparecen rodeados por unha coroa formada por pólas de loureiro.

Dende 1987, o concello utiliza un logotipo no que pode observarse unha versión esquemática do escudo ferrolán no que se utiliza como coroa un festón con seis puntas, catro á vista.

Malia que non coñecerse o significado que se lle deu aos elementos do escudo no momento da súa creación, o máis probable é que representasen a importancia militar e naval desta cidade.

Histórico de escudos de Ferrol


Variante do escudo sen coroa.


Ferrol da Ilustración, de forma ovalada, co tempo engadiuse unha grilanda vexetal e dúas bandeiras (España e a da Cidade), duplicadas en sendos mastros a cada lado da torre. A bandeira de Ferrol adoptouse a partir do ano 1845, nas súas orixes era a bandeira da provincia marítima de Ferrol. No século XIX engadiu unha coroa marquesal.


Versión do escudo non oficial con coroa real na Gran Enciclopedia Gallega.


Logo do concello de Ferrol nun sumidoiro.

sen uso empregado en vehículos oficiais, policía local, taxis, bombeiros e outros servizos uso en placas de rúas documentación oficial, mobiliario urbano e publicidade institucional

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]