Escudo de Dominica
Aparencia
| Escudo de Dominica | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O escudo de armas de Dominica foi adoptado o 21 de xullo de 1961. Consiste nun escudo con dous Amazona imperialis termando del e na crista un león dourado rampante. Os cuadrantes do escudo representan unha canoa, un bananeiro, unha palmeira e unha ra da especie nativa Leptodactylus fallax.[1] Debaixo do escudo está o lema nacional: Apres Bondie C'est La Ter (Despois de Deus está a Terra).[2]