Escudo de Barbados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Escudo de armas de Barbados.

O escudo de Barbados é un dos símbolos nacionais de Barbados dende a súa independencia en 1966.

A parte central é coñecida como "escudo dourado". Consiste nun campo de ouro no que figuran dous "Orgullos de Barbados", que son a flor nacional (Caesalpinia pulcherrima do xénero das Poincianas) e unha figueira "barbada" (Ficus citrifolia) que era común na illa no momento no que os portugueses chegaron á illa e de quen recibe o nome.

Escudo de armas[editar | editar a fonte]

O escudo formado por un campo de ouro cos elementos mencionados está suxeito por dúas figuras con forma de animais. Á esquerda un golfiño de azur e de goles, que representa á industria pesqueira de Barbados, e á dereita un pelicano en cores naturais que simboliza a unha pequena illa chamada Illa do Pelicano que nalgún momento existiu fronte a costa de Bridgetown. A cruz que forman as canas representa a cruz na cal Santo André foi crucificado. Na base do escudo hai unha lenda que di: "Pride and Industry" (Orgullo e Industria) en referencia ó lema da nación.