Un escuadro (do verbo escuadrar e este do latínquadrum, -i ‘cadrado’)[1] é unha ferramenta con forma de triángulorectánguloisóscele que se utiliza para debuxar figuras xeométricas. Hainos de diferentes tamaños e cores, e adoitan ter biseis nos cantos, que permiten utilizar grafos no debuxo. Estritamente non ten porque levar escala gráfica, non é un instrumento de medición, mais os fabricantes prodúceno así.
Emprégase canda un cartabón ou unha regra, para trazar liñas, paralelas, perpendiculares.