Escola de párvulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alumnos de la clase de Dña María en el año 1953b.jpg

A escola de párvulos foi fundada en Madrid en 1838, polo pedagogo Pablo Montesino (Zamora, 1781-1849), seguindo o modelo británico que descubriu a raíz dos 10 anos que estivo exiliado en Londres (1823-1833), e defendendo que esta escola sería adicada a aqueles cativos de entre dous e seis anos, sendo estes pobres e de ámbolos dous sexos. Estes rapaces quedaban ó coidado dunha persoa que facía de ‘nai’ común. Esta persoa tiña como labor encargarse da súa educación principal así como do seu coidado persoal. Polo tanto, as escolas de párvulos posuían unha dobre ocupación clara, posto que se trataba dunha institución que ofrecía unha función tanto educativa como asistencial. Outro dato a recalcar e de relevante importancia é que, en opinión de Montesino, este tipo de escolas ou institucións precisaban de varios docentes, e así mesmo varóns, pois para el eran máis efectivos.

319-157-thickbox.jpg

Pero ó crear a primeira escola de párvulos, o pedagogo decatouse de que os mestres destas novas institucións precisarían de instrucións que lles servisen de guía para o seu día a día na escola, polo que na súa obra Manual para maestros de la escuela de Párvulos (1840) incluíu todas as súas ideas pedagóxicas para resolver todas esas posibles dúbidas. Este manual converteuse no primeiro tratado de pedagoxía para a formación e ensinanza dos cativos de ate 10 anos, o que deu lugar á primeira obra sistemática de pedagoxía feita e publicada en España.

O Manual tiña como obxectivo primordial presentarse coma un tratado de pedagoxía para todos aqueles mestres das escolas de párvulos que carecían da formación profesional necesaria ou para aqueles que non tiñan moi clara a idea do que representaban pedagoxicamente e socialmente este tipo de escolas. Pero esta obra non solo está dedicada ós mestres, senón a todas aquelas persoas que estivesen relacionadas dalgunha forma ou outra coa ensinanza, xa foran nais, nodrizas ou políticos, entre outros.