Entroido de Santa Cruz de Tenerife
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Reina_carnaval.jpg/250px-Reina_carnaval.jpg)
O Entroido de Santa Cruz de Tenerife é un dos festivais máis masivos e internacionais de España, xunto co de Cádiz [1].
Historia e características
[editar | editar a fonte]O Entroido de Santa Cruz de Tenerife é considerado o segundo máis popular e coñecido internacionalmente despois dos do Río de Xaneiro (Brasil).[2][3][4] En realidade, a cidade de Santa Cruz de Tenerife está irmandada coa cidade do Río de Xaneiro, por esta razón.[5]
En 1980, o 18 de xaneiro foi declarado como Festa de Interese Turístico Internacional. Miles de persoas veñen todos os días ás rúas para amosar os seus traxes e creacións. Hai danzas de bandas locais, de ritmos caribeños, música electrónica. O máis destacado do evento son a Gran Gala de elección da Raíña do Entroido de Santa Cruz e os grandes desfiles de coches alegóricos que pasan polas principais avenidas da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carnaval en el mundo
- ↑ Tenerife-ABC
- ↑ "Fiestas de España. El Carnaval de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "El Carnaval de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Ciudades hermanadas con Santa Cruz de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010.