Enrique Macías Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Macías Ruiz
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
GaliciaVigo
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Campo de traballoquímica
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Enrique Macías Ruiz, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1923 e finado en Vigo o 18 de decembro de 2007, foi un químico e catedrático de matemáticas galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Pontevedra e licenciouse en Ciencias Químicas en 1945, na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1946 e 1955 é profesor de matemáticas no Colexio Inmaculada Concepción de Pontevedra. Nese último ano fixa a súa residencia en Vigo e traballa dende entón en distintos centros de ensino (Labor, Maristas, Carmelitas, Muro e Alba). En 1965 ingresou no corpo de Profesores Agregados de Institutos Nacionais de Ensino Medio, e en 1979 foi nomeado Catedrático Numerario de Bacharelato. Estivo destinado en diferentes centros: Instituto Mixto de Ourense, IES Santa Irene de Vigo, INB Val Miñor de Nigrán, e finalmente dende 1981 como xefe do seminario de matemáticas no IB Castelao de Vigo, onde se xubilou en 1989. Entre os anos 1967 e 1976 foi director do Instituto A Guía de Vigo.

Cargos e Distincións[editar | editar a fonte]

Ademais de distintos cargos nos centros de estudos onde traballou, foi secretario do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias da provincia de Pontevedra; secretario de ANQUE Asociación Nacional de Químicos de España de Galicia e delegado para Galicia da Mutualidade Xeral de Previsión Social dos Químicos Españois.

Foi o promotor da Olimpíada galega de Química[1], participando dende 1980 nos tribunais das primeiras vinte edicións da mesma, labor pola que foi recoñecido no ano 2001 como "Colexiado distinguido" polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., pág. 64] "Historia de COLQUIGA, La Industria Gallega y el Medio Ambiente", publicado polo Ilustre Colexio Oficial de Químicos de Galicia no Cincuentenario da súa Fundación (2003)
  2. "Colegio Oficial de Químicos de Galicia, Asociación de Químicos de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2015.