Enrique Aller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Aller
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 1999 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Perú Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Enrique Aller López, nado en Lalín en 1948 e finado no Perú o 6 de xuño de 1999,[1] foi un avogado e cooperante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Enrique Aller Goyanes. Estudou no ICADE, do que foi expulsado, e despois na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en dereito, comezou a traballar en Madrid con Enrique Barón. Retornado a Galicia, en 1973 foi asesor do Colexio de Arquitectos e montou un despacho laboralista na Coruña con Carlos Cerviño, Paco Pampín e Enrique Capeáns. Marchou a Suramérica como cooperente. En Nicaragua axudou a crear o novo código laboral. Gañou un concurso da Unión Europea para desenvolver a autonomía palestina. Morreu nunha estrada da Amazonia coa bióloga Mercedes Arteche Prieto, cando cooperaba no Perú como director do programa dos Desprazados pola Violencia en apoio dos indios Asaninka .[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Compañeiro de Concha López Sánchez, foi pai de tres fillos, Antón, Ulla e Sara.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Concello de Lalín outorgoulle a Folla de Carballo de prata a título póstumo en 2003.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 8-6-1999, p. 11.
  2. La Voz de Galicia, 12-6-1999, p. 7.
  3. La Voz de Galicia, 25-1-2003, p. L15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]