Enric Ribas i Ribas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enric Ribas i Ribas
Enric Ribas i Ribas.jpg
Nacemento1870
Lugar de nacementoVigo
Falecemento17 de outubro de 1935
Lugar de falecementoEl Masnou
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Enric Ribas i Ribas, nado en Vigo o 6 de xuño de 1870 e finado en El Masnou, Maresme, o 17 de outubro de 1935, foi un cirurxián catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pais cataláns (ambos eran de El Masnou), estudou medicina en Barcelona. No ano 1894 doutorouse coa tese "Indicaciones en las estrecheces cicatriciales del esófago de origen cáustico". Ingresou en 1897 no Hospital de la Santa Creu e en 1906 era xefe do departamento de Cirurxía. Foi o primeiro presidente do Instituto Medicofarmaceutico (1898) e da Sociedade de Cirurxía de Barcelona (1927). Presidiu a Academia e Laboratorio de Ciencias Médicas de Cataluña (1922-1924) e o VII Congreso de médicos de lingua catalá (1932).[1] En 1932 ingresou na Real Academia de Medicina de Cataluña.[2] Foi profesor libre de patoloxía cirúrxica da Universidade Autónoma de Barcelona.[3] Traballou tamén na súa clínica da rúa Valencia de Barcelona.

A súa casa en Masnou foi construída polo arquitecto Bonaventura Bassegoda i Amigó no ano 1924, na rúa de Barcelona, número 15.[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]