Enoplósidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Enoplosidae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enoplosus armatus

Os Enoplósidos (Enoplosidae) son unha familia de peixes mariños incluídos na orde dos Perciformes.

Están constituídos por un único xénero, Enoplosus, cunha única especie, Enoplosus armatus (White, 1790). Trátase dun peixe mariño endémico de Australia e distribuído pola súa costa sur.

É un peixe apreciado para a súa cría en acuarios.

Característicias[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo alto, subrómbico, coa boca aguzada e lixeiramente súpera. Dúas espiñas no ángulo inferior do preopérculo.

Posúen súas aletas dorsais, a primeira con nove fortes espiñas e a segunda con 1 espiña e o resto radios brandos, moi altos os primeiros. A anal con tres espiñas seguidas, como a dorsal, por radios brandos, máis largos os anteriores. Pectorais pequenas pero pelvianas moi grandes, cunha espiña.

Os adultos presentan unha cor entre prata e marrón cunhas características barras nergras verticais. O talle máximo descrito é duns 50 cm.

Viven en augas temperadas e a pouca profundidade (menos de 90 m), asociados a arrecifes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]