Enderezo descoñecido
Enderezo descoñecido | |
---|---|
Título orixinal | Address Unknown |
Autor/a | Kathrine Kressmann Taylor |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1938 2002 |
Formato | Rústico |
Páxinas | 69 (gl) |
ISBN | ISBN 84-8302-764-X |
Tradución | Emma Lázare Rodríguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Enderezo descoñecido[1] (título orixinal en inglés: Address Unknown) é o primeiro libro da escritora estadounidense Kathrine Kressmann Taylor, escrito baixo o nome de pluma Kressmann Taylor, publicado por primeira vez na súa versión completa en Story Magazine en 1938 nos Estados Unidos, un ano antes do estalido da segunda guerra mundial .
Toma a forma dunha correspondencia epistolar ficticia do 12 de novembro de 1932 ó 3 de marzo de 1934 entre dous moi bos amigos, Martin Schulse, de 40 anos, alemán e pai de tres mozos, e Max Eisenstein, de 40 anos, solteiro de orixe xudía. Ámbolos dous son socios dun próspero negocio de pintura en San Francisco, a Galería Schulse-Eisenstein.
Foi traducida ó galego por Emma Lázare Rodríguez e publicada por Edicións Xerais no ano 2002.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Lázare Rodríguez dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2] No ano 2010, foi publicada de novo por Edicións Xerais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Enderezo descoñecido. Traducido por Emma Lázare Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2002. ISBN 84-8302-764-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Enderezo descoñecido. Traducido por Emma Lázare Rodríguez (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-226-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Enderezo descoñecido. Traducido por Emma Lázare Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2010. ISBN 978-84-9782-605-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.