Encyclopédie anarchiste
Aparencia
Encyclopédie anarchiste | |
---|---|
Autor/a | Sébastien Faure |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | enciclopedia |
Data de pub. | século XX |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Encyclopédie anarchiste (en galego Enciclopedia anarquista), é o nome dunha enciclopedia de tendencia anarquista, iniciada por Sébastien Faure entre 1925 e 1934, e publicada en 4 volumes. Existe tamén unha tradución ao castelán, con contido ampliado, publicada polo grupo Tierra y Libertad de México en dous volumes (nos anos 1972 e 1984 respectivamente) baixo o título de Enciclopedia anarquista.
O proxecto inicial estaba formado por cinco partes:
- Un dicionario anarquista.
- A historia do pensamento e da acción anarquistas.
- As biografías de militantes e pensadores.
- As biografías de individualidades que contribuíron á obra da emancipación humana.
- Un catálogo de libros e revistas anarquistas.
Só a primeira parte, en catro volumes, cun total de 2.893 páxinas, chegou a ser publicada, en 1934. Tivo centos de colaboradores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Encyclopédie anarchiste |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encyclopédie anarchiste (en francés)
- Enciclopedia anarquista (primeiro tomo da tradución castelá) (en castelán)