Encoro de Arbón
Coordenadas: 43°28′42″N 6°43′43″O / 43.47833333, -6.72861111
Encoro de Arbón | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | España |
División | Asturias |
Localización xeográfica | |
Continente | Europa |
Cunca | Río Navia |
Características | |
Superficie | 270 hectáreas |
Capacidade | 38,2 hm³ |
Outros datos | |
Comunidade autónoma | Principado de Asturias |
Concellos | Boal, Coaña e Villaión, |
Tipo e uso | pantano artificial central hidroeléctrica |
O encoro de Arbón é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1967 e ten unha capacidade de 38,20 hm³ Constitúe o primeiro aproveitamento hidroeléctrico do río Navia, ao situarse a tan só 12 km da súa foz no mar Cantábrico. Logo xa se atopan os encoros de Doiras e Salime, respectivamente. Localízase na parroquia de Arbón, no concello de Villaión, no límite co concello de Coaña. Ademais de por estes dous, as súas augas esténdense tamén polo concello de Boal.
O seu aproveitamento é fundamentalmente hidroeléctrico, aínda que se destina tamén para usos deportivos e lúdicos.
Os ríos Cabornel e Riofrío desmbocan no encoro de Arbón.
Central hidroeléctrica de Arbón
[editar | editar a fonte]A central de Arbón é unha central hidroeléctrica situada nas proximidades do encoro de Arbón. O seu proxecto é obra do arquitecto Ignacio Álvarez Castelao e do enxeñeiro Juan José Elorza[1]. Conta con dous grupos xeradores, Arbón I e Arbón II, que entraron en funcionamento comercial en 1967 e 1968 respectivamente, con 28 MW cada un. Pertenceu á empresa Viesgo ata a súa compra por Repsol en 2018 [2], e evacua a súa enerxía a través dunha rede de 132 kV .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tielve García, Natalia. "Central Hidroeléctrica de Arbón". patrimoniuindustrial.com.
- ↑ "Repsol, segunda mayor eléctrica en Asturias tras culminar la compra de activos a Viesgo". La Nueva España. 3 de novembro de 2018.