Emma Ozores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emma Ozores
Emma Ozores.jpg
Nome completoEmma Ozores Ruiz
Nacemento2 de febreiro de 1966
LugarMadrid España
NacionalidadeEspaña
PaiAntonio Ozores Puchol
NaiElisa Montés
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

Emma Ozores Ruiz, nada en Madrid o 2 de febreiro de 1966, é unha actriz española. Pertence por partida dobre a unha importante saga de cómicos, actores e músicos.

Biografía[editar | editar a fonte]

É filla do coñecido actor Antonio Ozores e da actriz Elisa Montés.

Por parte de pai é sobriña do actor José Luís Ozores e do director e guionista Mariano Ozores, e curmá da actriz Adriana Ozores.

Por parte de nai é sobriña das tamén actrices Emma Penella e Terele Pávez, neta do político de dereitas Ramón Ruiz Alonso, bisnieta do compositor Manuel Penella e tataranieta do compositor Manuel Penella Raga. Á súa vez, tamén é sobriña do produtor de cine Emiliano Piedra, casado coa súa tía Emma.

Xa desde pequena quería ser actriz a pesar de considerarse a si mesma unha persoa tímida. Polifacética, ao longo da súa carreira fixo revistas, musicais, teátro clásico, series de televisión e películas, aínda que se decanta por personaxes cómicos. Entre os seus últimos traballos inclúese a obra de teatro O último que apague a luz (2007), dirixida polo seu pai e a obra de teatro Espidos en Central Park con Manuel Galiana.

En 2009 e logo de 15 anos, Emma volve interpretar a Sandra no especial de Farmacia de guardia: La Última Guardia, unha TV-Movie que prepara Antena 3 para conmemorar os 20 anos de devandita cadea.