X González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emma González (activista)»)
Non confundir con Enma González Bermello (1931-2014), política galega.
X González
Nacemento11 de novembro de 1999
Lugar de nacementoEstados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMarjory Stoneman Douglas High School e New College of Florida
Ocupaciónactivista e orador
PremiosTime 100
Na rede
IMDB: nm9651871 Facebook: Emma4Change Twitter: callmeX Instagram: emmawise18 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

X González, nada como Emma González, tamén soletreado Gonzalez o 11 de novembro de 1999 en Parkland (Florida),[1] é unha activista estadounidense e defensora do control das armas.[2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2018, sendo estudante do instituto Stoneman Douglas, sobreviviu ó tiroteo ocorrido na súa cidade natal,[5] e en resposta cofundou o grupo Never Again MSD, a prol do control de armas nos Estados Unidos.[6]

González chamou a atención no seu país cando o discurso que deu nunha concentración contra a violencia das armas se fixo viral. Proclamou o famoso "We call B.S." sobre a falta de acción dos políticos financiados pola National Rifle Association. González continuou a ser activista a prol do control das armas facendo aparicións nos medios de comunicación e axudando a organizar a March for Our Lives, que se converteu na meirande protesta estudantil na historia dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]