Emma Calderón y de Gálvez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX San Fernando, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Emma Calderón y de Gálvez, nada en San Fernando (provincia de Cádiz),[1] foi unha xornalista, mestra e escritora española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de mariño, residiu en Ferrol desde nena pola profesión de seu pai, e despois regresou a vivir a Cádiz, onde xa residía en 1913. Foi mestra, e publicou poemas e artigos en prensa, entre eles un texto defendendo a entrada de Emilia Pardo Bazán na Real Academia Española. Tras a morte de Nicomedes Ferrari, con quen tiña amizade, pasou a dirixir o periódico El Anunciador de Xibraltar.[2]
Publicou tamén en Ilustración Gallega,[3] Diario de Cádiz, Diana, Arco Iris, El Último, Cádiz Gráfica, La Alhambra, La Isla, El Heraldo, El Éxito, Alma Latina e Bromas y Veras.[4]
Foi membro da Academia Hispanoamericana de Cádiz, e en 1911 foi elixida socia de honra da Asociación da Prensa de Cádiz.[5] Intercambiou correspondencia, entre outros, con Xesús Rodríguez López.[6]
Segundo Carmen Ramírez Gómez (2000) empregou o pseudónimo de Narciso del Prado,[4] nome que a maioría das fontes atribúen a outra escritora coetánea: Paulina Ibarra Blasco.
Obras
[editar | editar a fonte]- ¡Por su moreniya! (1913, conto).
- Poesía y prosa (Madrid, 1914).
- Sobre las cumbres (1920; contos)
- Entre gavilanes (folletín)
- Lucha (folletín)
- Manjar de Dios (folletín)
- Solera (folletín)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "Calderón y de Gálvez, Emma". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 198.
- ↑ Emma Calderón y de Gálvez, no blog A los poetas andaluces, 2/7/2013 (en castelán).
- ↑ Textos da autora en Ilustración Gallega Arquivado 21 de novembro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web da Real Academia Galega.
- ↑ 4,0 4,1 Ramírez Gómez, C. (2000). Mujeres escritoras en la prensa andaluza. US. pp. 91–93. ISBN 9788447205606.
- ↑ Lucas, Ángeles (9/3/2012). "Las periodistas de hace 100 años". El País (en castelán).
- ↑ Calvo López, M. (ed.) (2016): Epistolario a/de Xesús Rodríguez López. Concello de Lugo. ISBN 9788492895274.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emma Calderón y de Gálvez |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cejador y Frauca, Julio (1920). Historia de la lengua y literatura castellana: (Epoca Contemporanea: 1908-1920) (en castelán) 13. Tip. de la Rev. de Arch., Bibl. y Museos. p. 83.
- García Tejera, M.ª del C., ed. (1999). Almáciga de olvidos: antología parcial de poesía gaditana, siglos XIX y XX (en castelán). UCA. ISBN 84-7786-000-0.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. pp. 153–154. ISBN 978-84-8341-146-9.