Emilio de Dios
Emilio de Dios | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Emilio José de Dios Merino | ||
Nacemento | 29 de outubro de 1971 (52 anos) | ||
Lugar de nacemento | Xixón | ||
Posición | Director Deportivo | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emilio de Dios comezou a traballar no Sporting de Gijón, exercendo como director e mesmo adestrador nas categorías inferiores do club. No ano 2006 faise cargo da dirección deportiva do primeiro equipo. Xa no cargo contrata a Manolo Preciado como adestrador e consegue subir ao equipo á Primeira División. Na máxima categoría consegue manter durante varios anos ao club cun dos orzamentos máis modestos da liga. No ano 2012 abandona o club tras 18 anos na entidade. Posteriomente exercería como director deportivo do Racing de Santander durante unha temporada. O 10 de xuño de 2016 faise cargo da dirección do Club Deportivo Lugo, asinando contrato por unha temporada.nuevo secretario de Élite en el Sevilla fútbol club