Emilio Rodríguez Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Emilio Rodríguez Fernández, nado en Celanova cara a 1885 e finado no mesmo concello o 1 de outubro de 1931, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1913.[1] Médico da beneficencia municipal de Celanova. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Celanova en 1924. Presentou a dimisión en novembro de 1924 por incompatibilidade co delegado gobernativo do partido de Celanova.[2] Cesou como alcalde en 1926. Finou en Celanova o 1 de outubro de 1931 con 46 anos.[3][4]
Predecesor: ? |
Alcalde de Celanova 1924 - 1926 |
Sucesor: José Meleiro Fernández |