Emilio Rey Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Rey Sánchez
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor em Wikidata
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 1951 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , empresario Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJaime Rey de Roa Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuciano Rey Sánchez Editar o valor em Wikidata

Emilio Rey Sánchez-Somoza, nado na vila de Arzúa en 1876 e finado en Madrid o 7 de outubro de 1951, foi un farmacéutico e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Cayetano Rey García, que foi alcalde de Arzúa, e Elvira Sánchez Somoza. Marchou a Buenos Aires con trece anos, de onde retornou dous anos despois. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Fundou os Laboratorios Yer que crearon os prestixiosos Sello e Purgante e os xaropes, crecepelo e xices de Menta. Tamén foi dono dos cines Saboy e Colón na Coruña e do Cine Saboy de Madrid. Finou en Madrid o 7 de outubro de 1951.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Melania Romero e foi pai de Emilio, Luciano e José Rey Romero. Enviuvou e casou en segundas nupcias con Claudia de Roa, e foi pai de Claudia, Jaime e Soledad Rey de Roa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 10-10-1951, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 200. ISBN 84-9812-018-7.