Emil Kirjas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emil Kirjas
Nacemento26 de xuño de 1975
Lugar de nacementoSkopje
NacionalidadeMacedonia do Norte
Alma máterKing's College de Londres
Ocupaciónpolítico
Na rede
Facebook: emil.kirjas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emil Kirjas, nado o 26 de xuño de 1975 en Skopje, é un político macedonio, secretario xeral da Internacional Liberal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestrado en xeopolítica no King's College de Londres, en 2003 foi escollido como presidente da Federación Internacional de Xuventudes Liberais, que agrupa a distintas mocidades de formacións políticas liberais. En 2004 foi nomeado secretario de estado de Asuntos Exteriores do goberno de Macedonia do Norte, onde permaneceu dous anos. En 2010 abandonou a organización de mocidades e pasou a ser secretario xeral da Internacional Liberal.