Emblema hacker
O Emblema Hacker é un deseño proposto en outubro do 2003 por Eric S. Raymond, alegando a necesidade dunha unificación e un símbolo recoñecible para a percepción da cultura hacker. Isto non se refire á acción de infrinxir ou irromper sen permiso nos ordenadores, acción realizada polos chamados crackers.
Características
[editar | editar a fonte]Eric S. Raymond dixo que un non pretende ser un hacker só para mostrar este emblema, mais suxire que "o uso de este emblema, expresa a solidariedade cos obxectivos e valores hacker, e a forma de vivir dun hacker".[1]
A imaxe en si mesma é unha representación dun planeador (Glider), unha formación no Xogo da vida de John Conwar que viaxa en tódolos ámbitos. Foi descuberta por primeira vez por Richard K. Guy. É a máis pequena nave espacial, e desprázase en forma diagonal a unha velocidade de c/4. O planeador é frecuentemente producido a partir de xeracións preconfiguradas aleatorias.
Os planeadores son importantes para o Xogo da vida porque son producidos con facilidade, poden ser colisionados entre si para formar obxectos máis complexos, e pode utilizarse para transmitir información a longa distancia.
Eric S. Raymond propuxo ó planeador como un emblema para representar ós hackers porque:
- O planeador (Glider) "foi nado case ó mesmo tempo que Internet e Unix".
- O Xogo da vida fai un chamamento ós hackers.
Outras representacións
[editar | editar a fonte]Outras formas para mostrar a imaxe evolucionaron, sobre todo a base da arte ASCII. Os exemplos inclúen:
.o. |_|0|_| [ ][*][ ] [ ][0][ ] 0 1 0 0 I 0 ..o |_|_|0| [ ][ ][*] [ ][ ][0] 0 0 1 0 0 I ooo |0|0|0| [*][*][*] [0][0][0] 1 1 1 I I I
Representación mínima en ASCII
[editar | editar a fonte]O 12 de febreiro do 2008, a representación mínima en ASCII foi incorporada na lista de representacións canónicas de Raymond:[2]
. ..:
'
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina do Emblema hacker, de Eric S. Raymond
- ↑ "Eric S. Raymond, Peter Danenberg, Emblema hacker, 2008-02-12". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Planeador (Glider): Proposta dun Emblema hacker. Contén máis información da proposta do Emblema hacker. (en castelán)
- "Como chegar a ser hacker" Un documento que explica a cultura hacker. (en castelán)