Saltar ao contido

Elísabet Benavent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElísabet Benavent

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Elisabet Benavent Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Gandia (España) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade CEU Cardenal Herrera (pt) Traducir - Licenciatura
Universidade Complutense de Madrid - Mestrado Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiterature for women (en) Traducir, comunicación visual e arte Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webbetacoqueta.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11312725 BNE: XX5344933 Editar o valor en Wikidata
Sinatura de libros en Ourense.

Elísabet Benavent, nada en Gandía (provincia de Valencia) en 1984, é unha escritora española, tamén coñecida polo seu pseudónimo Beta Coqueta. Deuse a coñecer pola saga Valeria, cuxos dereitos audiovisuais foron adquiridos recentemente por Netflix, para producir unha serie que se estreará segundo a compañía no ano 2020.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria como escritora en 2013, momento no que publicou a súa primeira novela En los zapatos de Valeria, á que lle seguiron o resto de títulos publicados nese mesmo ano e que conforman a saga Valeria: Valeria en el Espejo, Valeria en blanco y negro e Valeria al desnudo.[1]

Tras o éxito acadado coa súa primeira saga, continuou escribindo e pronto chegaron ás librerías Persiguiendo a Silvia e Encontrando a Silvia, obras pertencentes ó Universo Silvia; Alguien que no soy, Alguien como tú e Alguien como yo, a súa Triloxía Mi Elección; Martina con vistas al mar e Martina en tierra firme, o seu Horizonte Martina; Mi isla, a súa primeira novela única; La magia de ser Sofía e La magia de ser nosotros, unha biloxía chamada Biloxía Sofía; e Fuimos canciones e Seremos recuerdos, a súa última biloxía. A súa última novela, Toda la verdad de mis mentiras, unha novela de entrega única, publicouse o 21 de febreiro de 2019.

Tratando de forma case única a figura da muller, os seus personaxes femininos caracterízanse por ser persoas normais e imperfectas, que perseguen os seus soños e loitan contra a rutina.[2]

Noutra liña, publicou un libro, na temática de autoaxuda e estilo de vida, titulado Este cuaderno es para mí que a escritora deseñou, ilustrou e pensou para que os seus lectores e lectoras escribisen desde os seus secretos, pasando polas súas aspiracións, ata os seus medos.

Licenciada en Comunicación Audiovisual e cun mestrado en Comunicación e Arte pola Universidade Complutense de Madrid, reside nesta cidade co seu marido Óscar Martínez, locutor e DJ na cadea de radio LOS40.[1][2]

Antes de adicarse a escribir libros, traballou durante seis anos no departamento de comunicación dunha multinacional e agora, á parte de cumprir o seu soño, colabora como columnista na revista Cuore.[1]

Saga Valeria

[editar | editar a fonte]

Biloxía Silvia

[editar | editar a fonte]

Triloxía Mi Elección

[editar | editar a fonte]

Horizonte Martina

[editar | editar a fonte]

Biloxía Sofía

[editar | editar a fonte]

Biloxía Canciones y recuerdos

[editar | editar a fonte]

Novelas únicas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Sobre mí". Beta Coqueta (en castelán). Consultado o 2019-03-28. 
  2. 2,0 2,1 "Elísabet Benavent: “Para mi es importante que mis personajes demuestren que la mujer es fuerte”". La Vanguardia (en castelán). 27 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]