Elisardo Bralo Rego
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xuño de 1921 A Eirexa, España |
| Actividade | |
| Ocupación | enfermeiro, homeópata, naturópata, escritor |
Elisardo Bralo Rego, nado na Eirexa (Seira, Rois) o 28 de xuño de 1921, é un enfermeiro, naturópata, homeópata e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1947 aprobou o Bacharelato en Pontevedra, e en xullo de 1949 graduouse como practicante de medicina e cirurxía na Escola Universitaria de Santiago de Compostela. En marzo de 1965 obtivo o título de Podoloxía. Traballou no hospital psiquiátrico de Toén.
En 1977 fundou o Boletín do Ilustre Colexio Oficial de Técnicos Sanitarios de Ourense.[1] En 1979 fundou a revista bimensual Técnicos Sanitarios.
Obra
[editar | editar a fonte]- Su signo (1985)
- Medicina natural, popular e caseira (Galiza Editora, 1991; tres volumes)
- Medicina natural preventiva (1993)
- Medicina natural popular (1994)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ David Simón (1 de maio de 2012). "Historias de enfermeros y practicantes ourensanos (siglo XX)". Diario de un médico de guardia (en castelán).
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |