Elisabeth Hevelius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elisabeth Hevelius
Hevelius and wife.jpg
Nacemento17 de xaneiro de 1647
 Gdańsk
Falecemento22 de decembro de 1693
 Gdańsk
SoterradaGdańsk
NacionalidadeRepública das Duas Nações
Ocupaciónastrónoma
CónxuxeJohannes Hevelius
editar datos en Wikidata ]

Elisabeth Catherina Koopmann Hevelius (en polaco tamén chamada Ożbieta Heweliusz) (1647–1693) é considerada unha das primeiras mulleres astrónomas e chamada a nai das cartas lunares. Foi a segunda esposa do seu colega Johannes Hevelius.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Elisabeth Koopmann (ou Kaufmann, do alemá, "comerciante") foi, tal como Johannes Hevelius e a súa primeira esposa, membro dunha rica familia da cidade de Gdańsk, situada na República das Dúas Nacións e parte da liga Hanseática. Os pais de Elisabeth Koopman eran Nicholas Kooperman (ou Cooperman) (1601-1672) quen foi un próspero comerciante e Joanna Mennings (ou Menninx) (1602-1679). Nicholas e Joanna casaron en Ámsterdam en 1633. Máis tarde trasladáronse a Hamburgo e en 1636 mudáronse finalmente a Gdánsk. Foi nesta cidade, onde maioritariamente falábase alemán, pero que era parte de Polonia naquel momento, onde naceu Elisabeth.[1]

Casamento[editar | editar a fonte]

A fascinación pola astronomía levou a Elisabeth, cando aínda era unha nena, a achegarse a Johannes Hevelius, un astrónomo de reputación internacional que posuía un complexo de tres vivendas en Gdánsk cun observatorio astronómico. En 1663, cando Johannes tiña 52 anos e Elisabeth 16, casaron.[2] Tiveron un fillo, que morreu rapidamente, e tres fillas.[3]

Prodromus Astronomiae[editar | editar a fonte]

Publicado logo da morte de Johannes, e grazas ao apoio do rei Juan III Sobieski, o Prodromus Astronomiae consistía en tres partes: un prefacio (chamado Prodromus), un catálogo de estrelas (chamado Catalogus Stellarum), e un atlas de constelacións (chamado Firmamentum Sobiescianum, sive Uranographia).O Prodromus describía a metodoloxía e tecnoloxía utilizada para crear o catálogo de estrelas. Prové exemplos de uso do sextante e o cuadrante, escritos por Johannes, con referencia a posicións coñecidas do Sol para calcular a lonxitude e latitude de cada estrela. No borrador do Catalogus Stellarum, cada estrela ten información específica rexistrada en columnas: o número de referencia e magnitude segundo Tycho Brahe, o propio cálculo da magnitude segundo Johannes, a lonxitude e latitude, tanto por coordenadas elípticas medidas por distancias angulares e altitudes meridianas, como polas coordenadas ecuatoriais das estrelas, calculadas utilizando trignometría esférica. Na versión impresa, as dúas columnas describindo as coordenadas elípticas combináronse e so se mantivo o mellor valor da lonxitude e latitude. Ademais agregáronse máis de 600 novas estrelas e 12 novas constelacións que non figuraban no borrador, facendo un total de 1564. Aínda que as observacións do catálogo fixéronse a ollo espido (sen telescopio), as medicións eran tan precisas que se usaron para a confección de esferas celestes até o s.XVIII.[4] O Firmamentum Sobiescianum, aínda que tecnicamente era parte de Prodromus Astronomiae foi publicado de maneira separada cunha circulación máis restrinxida.

Morte[editar | editar a fonte]

Elisabeth Hevelius morreu en decembro de 1693, á idade de 46 anos, e foi enterrada xunto ao seu esposo. Logo da súa morte, o matemático François Arago escribiu acerca dela:[5]

Unha observación que sempre se fixo acerca de Madam Hevelius, quen foi a primeira muller, que eu saiba, a quen a fatiga de enfrontarse a observacións astronómica e cálculos non asustaba en absoluto.

Na cultura[editar | editar a fonte]

A vida de Elisabeth foi dramatizada na novela The Star Huntress (2006).

O planeta menor 12625 Koopman foi nomeado na súa honra, así como o cráter Corpman en Venus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hockey, Thomas (2009). The Biographical Encyclopedia of Astronomers (en inglés). Springer Publishing. ISBN 978-0-387-31022-0. 
  2. Dora Musielak (30 de amrzo de 2009). "Stories of Women Stargazers" (pdf) (en inglés). 
  3. Gotthilf Löschin: Geschichte Danzigs von der ältesten bis zur neuesten Zeit: mit beständiger Rücksicht auf Cultur der Sitten, Wissenschaften, Künste, Gewerbe und Handelszweige, Volumen 1, 1828
  4. Nick Kanas: Star Maps: History, Artistry, and Cartography, Segunda edición, 13 de xuño de 2012. Springer Praxis Books / Popular Astronomy.
  5. "J. J. O'Connor and E. F. Robertson: Catherina Elisabetha Koopman Hevelius" (en inglés). Universidad de St. Andrews. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ogilvie, Marilyn Bailey. "Hevelius, Elisabetha Koopman". En Mujeres en Ciencia, The MIT Press, 1986, p. 99 ISBN 0-262-15031-X
  • Walz, E. 2006. The Star Huntress. Random House/Bertelsmann. ISBN 978-3-442-36523-4 (novela histórica)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]