Saltar ao contido

Eleccións ao Parlamento de Gales de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Gales de 2021
 ← 2016 Editar o valor en WikidataGales Editar o valor en Wikidata
Data6 de maio de 2021 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Gales Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido60 membro do Seneed ≈ 6º Senedd Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado2.389.879 Editar o valor en Wikidata
1.118.084
   46.78٪
Número de votos válidos1.111.730    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 6.354
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
<1
2>
Partido Laborista Galés  — Mark Drakeford
443.047   39.85٪
Membro dunha asemblea lexislativa 30
<1
2>
Partido Conservador Galés  — Andrew R. T. Davies
289.802   26.07٪
Membro dunha asemblea lexislativa 16
<1
2>
Plaid Cymru  — Adam Price
225.376   20.27٪
Membro dunha asemblea lexislativa 13
<1
2>
Liberal Demócratas Galeses  — Jane Dodds
54.202   4.88٪
Membro dunha asemblea lexislativa 1

Editar o valor en Wikidata

As eleccións ao Parlamento de Gales de 2021 ou as eleccións ao Senedd de 2021 (en galés: Etholiad Senedd Cymru, 2021), celebráronse o 6 de maio de 2021[1] para elixir os 60 membros do Parlamento de Gales. Foron elixidos nas sextas eleccións dende que o parlamento foi reestabelecido en 1999. As eleccións celebráronse ó mesmo tempo que as elección locais do Reino Unido, as eleccións da Asemblea de Londres, as eleccións ao Parlamento de Escocia de 2021 e as de Hartlepool.

Foron as primeiras eleccións nas que os habitantes de 16 e 17 anos de idade, e os estranxeiros legalmente residentes en Gales tiveron dereito a voto, sendo a extensión do voto máis grande en Gales dende 1969. Ámbolos dous cambios foron o resultado da Acta de 2020 do Senedd.[2] Foron as primeiras eleccións lexislativas de Gales baixo o novo nome do parlamento, 'Senedd Cymru' ou 'Parlamento de Gales'.[3][4]

Cinco partidos tiñan membros no Senedd elixidos nas últimas eleccións: Partido Laborista, Partido Conservador, Plaid Cymru, o Partido da Independencia do Reino Unido (UKIP) e os Liberal Demócratas. O Partido Laborista no goberno conseguiu un 5% máis de votos, conseguindo 30 escanos, ou xusto a metade dos 60 asentos do parlamento, un máis que nas pasadas eleccións de 2016. O Partido Conservador converteuse no segundo partido máis votado e na oposición oficial no Parlamento de Gales con 16 escanos. Plaid Cymru pasou á terceira posición con 13 escanos, un máis que en 2016.

  1. "Wales Bill (Dates)" (PDF). publications.parliament.uk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  2. "16 and 17 year olds get right to vote - a historic day for democracy in Wales". Senedd Cymru (en inglés). 27 de novembro de 2019. Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  3. Voce, Antonio; Leach, Anna; Clarke, Seán; Kommenda, Niko; Voce, Antonio; Leach, Anna; Clarke, Seán; Kommenda, Niko. "2021 election: latest results from Scottish, Welsh and local votes". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2021-05-08. 
  4. "Welsh Parliament election 2021". BBC News (en inglés). Consultado o 2021-05-08.