Adam Price

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adam Price
Adam Price 2016.jpg
Nacemento23 de setembro de 1968
 Caerfyrddin
NacionalidadeReino Unido e Gales
Alma máterUniversidade de Cardiff e John F. Kennedy School of Government
Ocupaciónpolítico e blogueiro
editar datos en Wikidata ]

Adam Robert Price, nado en Carmarthen o 23 de setembro de 1968, é un político galés e líder do partido Plaid Cymru dende o 28 de setembro de 2018, logo de derrotar a Leanne Wood e a Rhun ap Iorwerth eleccións primarias ese mesmo mes.[1] Dende o ano 2016, é membro da Asemblea Nacional de Gales por Carmarthen East e Dinefwr, sendo anteriormente membro do Parlamento Británico, entre 2001 e 2011 por Carmarthen East e Dinefwr.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun mineiro, Price naceu en Carmarthen e foi á Ysgol Dyffryn Aman en Ammanford, Carmarthenshire.[2] Estudou na Universidade de Cardiff, conseguindo un BA en Estudos Europeos Comunitarios en 1991.

Price é abertamente homosexual e é un destacado activista LGBT en Gales.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]