Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2021
 ← 2016 (pt) Traducir Editar o valor em WikidataEscocia Editar o valor em Wikidata
Data6 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata
TipoScottish Parliament election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido129 Deputados do Parlamento escocés
1 Primeiro-ministro da Escócia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado4.280.785 Editar o valor em Wikidata
2.716.547
   63.46٪
Ponto percentual (pt) 7.64
Número de votos válidos2.712.735    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
<1
2>
SNP  — Nicola Sturgeon
1.094.374   40.34٪
Ponto percentual (pt) 1.5
Parlamentario 63 → 64 Número de escanos 1
<1
2>
Partido Conservador Escocês (pt) Traducir  — Douglas Ross
637.131   23.49٪
Ponto percentual (pt) 0.49
Parlamentario 31 → 31
<1
2>
Partido Trabalhista Escocês (pt) Traducir  — Anas Sarwar
488.819   18.02٪
Ponto percentual (pt) 1.11
Parlamentario 24 → 22 Número de escanos 2
<1
2
3>
Partido Verde Escocês (pt) Traducir  — Lorna Slater, Patrick Harvie
220.324   8.12٪
Ponto percentual (pt) 1.52
Parlamentario 6 → 8 Número de escanos 2
<1
2>
Liberal Democratas Escoceses (pt) Traducir  — Willie Rennie
137.152   5.06٪
Ponto percentual (pt) 0.17
Parlamentario 5 → 4 Número de escanos 1

As eleccións ao Parlamento de Escocia de 2021 celebráronse o 6 de maio de 2021[1] baixo as disposicións da Acta de Escocia de 1998. Os 129 membros do Parlamento de Escocia foron elixidos nas sextas eleccións dende que o parlamento foi reestabelecido en 1999. As eleccións celebráronse ó mesmo tempo que as elección locais do Reino Unido, as eleccións da Asemblea de Londres, as eleccións ao Parlamento de Gales de 2021 e as de Hartlepool.

A campaña electoral comezou o 25 de marzo de 2021, durante a pandemia de COVID-19, aínda que o Parlamento non foi disolto oficialmente até o 5 de maio, o día antes das eleccións.[2] Os principais partidos que concorreron ás eleccións foron o Partido Nacional Escocés (SNP), liderado pola Primeira ministra Nicola Sturgeon, o Partido Conservador liderado por Douglas Ross, o Partido Laborista liderado por Anas Sarwar, os Liberal Demócratas liderados por Willie Rennie, e o Partido Verde Escocés, liderado cnonxuntamente por Patrick Harvie e Lorna Slater. Destes cinco partidos, dous deles cambiaron de líderes dende as eleccións de 2016.

O Partido Nacional Escocés gañou o maior número de votos, maior número de escanos no Parlamento de Escocia, conseguindo o 85% dos escanos por circunscrición.[3] O Partido Verde Escocés gañou 8 escanos, obtendo o seu mellor resultado nunhas eleccións ao Parlamento de Escocia e o Partido Conservador mantivo os 31 escanos. O Partido Nacional Escocés e o Partido Verde, ambos a prol da independencia de Escocia, gañaron un total de 72 escanos sobre un total de 129. Os partidos unionistas acadaron unha lixeira maioría de votos, tanto nas circunscrións como nas listas rexionais.

A participación de votantes nas eleccións alcanzou un récord do 63,0%, o máis alto nas eleccións ao Parlamento escocés.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]