El palacio de la medianoche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El palacio de la medianoche
Título orixinalEl palacio de la medianoche
Autor/aCarlos Ruiz Zafón
OrixeEspaña
Linguacastelán
Xénero(s)Fantasía
Data de pub.1994
Precedido porO príncipe da brétema
Seguido porLas luces de septiembre

El palacio de la medianoche é unha novela de aventuras e fantasía, escrita polo autor barcelonés Carlos Ruiz Zafón, posteriormente recopilado na Trilogía de la Niebla, xunto a O príncipe da brétema e Las luces de septiembre.

Argumento[editar | editar a fonte]

Ben e Sheere son dous irmáns xemelgos cuxas vidas tomaron camiños distintos tralo seu nacemento: ela seguiu unha vida errante xunto coa súa avoa, Aryami Bosé, e el pasou a súa infancia nun orfanato. Ambos reencóntranse cando están a piques de cumprir os dezaseis anos: xuntos teñen que evitar caer en mans de Jawahal, un diabólico espectro. Para iso, os mozos contarán coa axuda da Chowbar Society, entidade formada por Ben e outros seis orfos que se reúnen no "Palacio de la Medianoche" e que se prometeron axuda e protección en toda circunstancia.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Ben: É a personaxe principal da historia. Ó nacer foi abandonado pola súa avoa nun orfanato. É o líder da Chowbar Society que ten con outros rapaces.
  • Sheere: É a irmá de Ben. Vive coa súa avoa. Viaxan por toda Calcuta. Ela non ten ningunha lembranza dos seus pai.
  • Jawahal: É o malo da novela. Persegue ós protagonistas porque xurou matar ós seus pais.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Mr. Thomas Carter: É o director do Orfanato St. Patrick.
  • Vendela: É a enfermeira do Orfanato St. Patrick.
  • Bankim: Un profesor que outrora foi alumno do Orfanato.
  • Lahawaj Chandra Chatterghe: É o pai de Ben e Sheere

Chowbar Society[editar | editar a fonte]

  • Ian: É o mellor amigo de Ben.
  • Seth: É o que máis le.
  • Michael: É o máis calado da Chowbar Society.
  • Siraj: É o máis espelido de todos.