O príncipe da brétema
O príncipe da brétema | |
---|---|
Título orixinal | El príncipe de la niebla |
Autor/a | Carlos Ruiz Zafón |
Ilustrador/a | Contastino Gatagán |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Novela, literatura xuvenil |
Editorial | Edebé Rodeira, colección Periscopio |
Data de pub. | 1993 2000 |
Formato | Tapa branda |
Páxinas | 224 |
ISBN | ISBN 84-8116-327-9 |
Seguido por | El palacio de la medianoche |
Tradución | Inés Sixto Gracía |
[ editar datos en Wikidata ] |
O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruiz Zafón. Foi publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993 co título de El príncipe de la niebla, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil. En maio de 2007 foi reeditada en La Trilogía de la Niebla, xunto a El palacio de la medianoche e Las luces de septiembre.
Trama
[editar | editar a fonte]A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da segunda guerra mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica, instalándose nunha casa moi grande. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa.
Os anteriores propietarios da casa sufriran a persecución dun estraño personaxe que seguirá perseguindo á familia de Max e á de Roland ata saldar unha antiga débeda.
Traducións
[editar | editar a fonte]A novela foi traducida ao galego por Inés Sixto García e publicada pola editorial Rodeira en 2000. Reeditouse en 2002.