El páramo (filme de 2021)
| El páramo | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata |
El páramo é un filme español de 2021 dirixido por David Casademunt a partir dun guión de Casademunt, Fran Menchón e Martí Lucas. Está protagonizado por Inma Cuesta, Asier Flores e Roberto Álamo. Estreouse no Festival de Cinema de Sitges en outubro de 2021,[1] antes da súa emisión en Netflix o 6 de xaneiro de 2022.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Lucía (Inma Cuesta), o seu marido (Roberto Álamo) e o seu fillo viven arredados da sociedade nun terro ermo e raso no que case non hai vida. Dende a partida do pai, a pequena unidade familiar que forman nai e fillo viven en completa soidade e a súa meta é desenvolver unha existencia tranquila. Nun principio conségueno, mais a aparición dunha misteriosa e violenta criatura que comeza a acosar a súa pequena casa porá a proba a relación que os une.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Inma Cuesta como Lucía
- Asier Flores como Diego
- Roberto Álamo como Salvador
- Marià Llop como a besta
- Alejandra Howard como Juana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "‘El páramo’, la ópera prima de David Casademunt para Netflix, competirá en Sección Oficial en Sitges" (en castelán). Cine con Ñ. 31 de agosto de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "El páramo de David Casademunt" (en castelán). Sitges Film Festival. Consultado o 19 de setembro de 2021.