Saltar ao contido

El método

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O método
Ficha técnica
Título orixinalEl método
DirectorMarcelo Piñeyro
ProdutorGerardo Herrero
Francisco Ramos
GuiónMateo Gil
Baseado enEl método Gronhölm de Jordi Galcerán.
IntérpretesErnesto Alterio
Eduardo Noriega
Najwa Nimri
Eduard Fernández
Pablo Echarri
Adriana Ozores
Natalia Verbeke
Carmelo Gómez
MúsicaFrédéric Bégin, Phil Electric
FotografíaAlfredo F. Mayo
MontaxeIván Aledo
DistribuidoraPalm Pictures
Estrea2005
Duración115 minutos
OrixeEspaña España
Arxentina
Italia Italia
XéneroDrama
Orzamento$3 000 000[1]
Recadación€2 458 910,74 (España)
$3 470 651 (Internacional)[2]
Na rede
IMDB: tt0427582 Filmaffinity: 362083 Allocine: 110623 Rottentomatoes: m/the_method_2007 Allmovie: v338970 TCM: 643266 Metacritic: movie/the-method Netlix: 70073558 Editar o valor en Wikidata

El método é un filme italo-hispano-arxentino dirixido por Marcelo Piñeyro que se estreou no 2005.

Sete aspirantes a un alto posto executivo preséntanse a unha proba de selección de persoal para unha empresa multinacional nun rañaceos de oficinas de Madrid. Entre eles, as personalidades máis dispares: o triunfador, o agresivo, a muller insegura, o crítico, o indeciso. Dende ese intre, e nun clima de tensa combatividade, a inseguridade dos participantes converterase en medo e dúbidas, e estes á súa vez nun estado de paranoia xeral onde os participantes se preguntarán se están sendo observados por cámaras, ou mesmo se entre eles podería haber un psicólogo infiltrado que xa os está a examinar.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns

[editar | editar a fonte]
Categoría Persoa Resultado
Mellor interpretación masculina secundaria Carmelo Gómez Gañador
Mellor guión adaptado Marcelo Piñeyro
Mateo Gil
Gañador
Mellor actor revelación Pablo Echarri Candidato
Mellor interpretación masculina protagonista Eduard Fernández Candidato
Mellor montaxe Iván Aledo Candidato
Categoría Persoa Resultado
Mellor actor protagonista Eduard Fernández Candidato
Mellor actor secundario Carmelo Gómez Gañador
Mellor actor secundario Ernesto Alterio Candidato
Mellor guión adaptado Mateo Gil Gañador
Mellor montaxe Iván Aledo Candidato
Categoría Persoa Resultado
Fotogramas de Prata ao mellor actor de cine Eduardo Noriega Candidato
  • Candidato ao mellor actor secundario: Carmelo Gómez e Eduard Fernández.
  • Candidata á mellor actriz secundaria: Adriana Ozores.
  • Candidato ao mellor actor revelación: Pablo Echarri.
  • Gañador á mellor actuación masculina: Pablo Echarri.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]