El Tambre (1879)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Tambre
LocalidadeNoia
Na rede
Galiciana: 5162
editar datos en Wikidata ]

El Tambre foi un periódico editado en Noia entre 1879 e 1881.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico bisemanal de intereses generales, noticias y anuncios, apareceu o 3 de decembro de 1879. Foi propiedade de Ramón Lira Castro e estivo dirixido por Andrés Rey. Editábase nos obradoiros de José Rodríguez Ruibal, que chegou a ser despois o propietario. Entre os seus redactores figurou Manuel Fraga Malvido. Incluíu sección editorial, notas de sociedade, sucesos, poemas e folletín. Publicou as poesías de Francisco Añón Paz en folletíns. Foi rival do periódico El Zumbido. Rematou a súa edición o 9 de xullo de 1881.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]