El Ribagorzano
El Ribagorzano | |
---|---|
Tipo | Quincenal |
Cor | branco e negro |
Fundación | 1904 |
Remata | 1924 |
Fundador | Marcelino Gambón Plana |
Tendencia | rexeneracionista |
Lingua | castelán |
Localidade | Graus |
Ámbito | (Aragón) |
Periodicidade | quincenal |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Ribagorzano é o título dun xornal histórico de Aragón fundado polo xornalista Marcelino Gambón en Graus (Ribagorza) en setembro de 1904. O xornal rematou pechando en setembro de 1924 cun número especial sobre a súa fundación e vinte anos de existencia[1]. Dende entón, foi refundado en tres ocasións e foi mudando o seu ideario,[1] até a súa edición actual a cargo da Asociación Lliga Ribagorzana dende 1997.
Pensado orixinalmente para que tivese ámbito local e periodicidade anual, publicouse en setembro cadrando coas Festas patronais de Graus, polo que o primeiro número tivo unha repercusión moito máis grande da agardada xa que caeu nas mans de Joaquín Costa. A Costa agradoulle moito porque cadraba coas súas ideas, e empregou a súa influencia para darlle un pulo ó xornal, que acabou tendo unha periodicidade quincenal e a súa distribución ampliouse a toda a provincia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 El Ribagorzano en El Periódico del Alto Aragón Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., consultado o 24 de setembro de 2015. (en castelán)