El Obrero (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Obrero
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9036
editar datos en Wikidata ]

El Obrero foi un periódico editado en Pontevedra entre 1890 e 1891.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu en xullo de 1890 como órgano da Asociación protectora de la clase obrera. Fundado e dirixido por Rogelio Lois Estévez, promotor da Asociación. Entre os seus colaboradores figuraba Sara Escarpizo Couto, que asinaba co pseudónimo Margarita del Campo. En novembro de 1891, Rogelio Lois viuse obrigado a deixar a dirección por unha sanción do concello de Pontevedra a raíz dun artigo.

En marzo de 1898 La Opinión comezou a publicar na terceira plana un semanario con este título, dirixido por Rogelio Lois, órgano da Asociación protectora del obrero,[1] que aparecía os luns.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea Moderna, 11-3-1898, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 11-3-1898, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]