El Noticiero Administrativo
| El Noticiero Administrativo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
El Noticiero Administrativo foi un periódico editado en Pontevedra entre 1891 e 1892.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria, apareceu o 1 de agosto de 1891. Publicábase os días 10 e 15 de cada mes. Tiña dúas seccións: unha dedicada ás disposicións lexislativas e outra a artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. O seu fundador, director e propietario foi José López Pérez. Entre os redactores e colaboradores estaban José López Otero, Ángel López Otero, Ángel López Ramallo, Albino Patiño Amado, Salvador de J. Ponsoda, Ramiro Vieira Durán, Eduardo Ogando Simón. O administrador era Eladio Portela Gómez e imprimíase no taller de Luis Carragal Puga. En 1892, a partir do número 10, pasou a denominarse El Noticiero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Noticiero Administrativo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- González Pérez, Clodio (2005). "Noticiero Administrativo, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.