El Luchador (Alacant)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Luchador
TipoInformación xeral
Corbranco e negro
Fundación1913
Remata1938
TendenciaRepublicana
Linguacastelán
LocalidadeAlacant
Ámbito(Alacant)
Periodicidadediaria
Na rede
BVPH: 8069
editar datos en Wikidata ]

El Luchador foi un xornal español de ideoloxía republicana publicado en Alacant, entre 1913 e 1939.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

El Luchador foi fundado en Alacant en 1913[2] por varios mozos activistas republicanos, entre os que destacaban Juan Botella Pérez, Carlos Esplá e José Alonso Mallol.[3][4] A primeira redacción do diario estivo situada na trastenda propiedade da nai de Alonso Mallol.[4] Posteriormente, o xornal quedou en mans da familia Botella, sendo dirixido por Álvaro Botella xunto ós seus irmáns Fermín e Juan.[5] Pola súa banda, Carlos Esplá converteríase nun dos principais redactores do diario ó longo da súa existencia. Dende a súa creación, o diario tivo unha liña editorial liberal e claramente republicana.[6]

Durante a súa existencia, foi un dos xornais máis lidos de Alacant, o que o converteu nun dos principais diarios da cidade.[7] No contexto do republicanismo alacantino, El Luchador congregou ou atraeu a moitos activistas republicanos que posteriormente destacaron durante o período da Segunda República.[8] Nese período, o diario apoiou decididamente ó Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), o cal tiña en Alacant o seu principal feudo político.[5] Posteriormente, apoiou á Izquierda Republicana (IR) de Manuel Azaña.[7] O xornal continuou editándose durante a Guerra Civil, aínda que sufriu os efectos da escaseza de papel e a falta de financiamento.[9]

En maio de 1938, a súa redacción, situada na entón rúa Ángel Pestaña —hoxe rúa San Francisco—, resultou destruída durante o chamado Bombardeo do 25 de maio.[10] Aínda que se tentou pór en marcha de novo a súa circulación a partir de setembro de 1938, o intento acabou sendo un fracaso e o xornal desapareceu definitivamente.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Angosto Vélez, Pedro Luis (2001). Sueño y pesadilla del republicanismo español: Carlos Esplá, una biografía política (en castelán). Biblioteca Nueva. ISBN 978-84-7030-965-6. 
  • Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Universidade de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5. 
  • Egido León, Ángeles (2006). Republicanos en la memoria: Azaña y los suyos (en castelán). Madrid: Eneida. ISBN 9788495427908. 
  • Moreno Sáez, Francisco (1994). La prensa en la provincia de Alicante durante la Guerra Civil, 1936-1939 (en castelán). Alacant: Instituto de Cultura "Juan Gil-Albert". ISBN 978-84-7784-140-1.