El Grito Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Grito Popular
Fundación1892
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

El Grito Popular foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1892 e 1893.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de las clases produtoras, apareceu o 8 de marzo de 1892. Voceiro do Centro Republicano local. Dirixido polo tipógrafo federal José C. Otero. Polémico cos liberais-monteristas e a curia católica, o seu director foi procesado por inxurias ao xuíz de Ribeira en setembro de 1892,[1] e sufriu a prohibición arcebispal en novembro dese ano logo de publicar un artigo do anarquista Anselmo Lorenzo onde se puña en cuestión a infalibilidade papal.[2] Moi influído polas correntes obreiristas, publicou a comezos de 1893 retrincos da obra de Karl Marx Das Kapital, a xeito de folletín. Cesou a súa publicación en agosto de 1893.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 16-9-1892, p. 3.
  2. Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, 22-11-1892, p. 2-3.
  3. El Regional, 10-8-1893, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]