Folklore Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "El Folk-Lore Gallego")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Sociedad del Folklore Gallego foi unha sociedade creada en 1881 na cidade da Coruña para estudar a cultura tradicional galega, incluíndo a música, cantigas, danzas, crenzas, costumes e lendas. A sociedade foi creada en imaxe da Folk-lore Society de Inglaterra e constituíu o precedente para a creación da Real Academia Galega en 1906.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A idea da creación da sociedade foi suxerida por Manuel Murguía quen, en varios artigos publicados ao longo de 1881, avogou pola creación dunha sociedade galega para a recompilación do saber e das tradicións populares, secundando así a idea do compostelán Antonio Machado Álvarez (pai do poeta Antonio Machado) creador e redactor das bases de El Folklore español. O 1 de febreiro de 1884 quedou inaugurada oficialmente baixo a presidencia da escritora Emilia Pardo Bazán, creándose un museo e unha biblioteca no antigo consulado da Coruña.

A condesa de Pardo Bazán fíxose cargo das actas e de dar a coñecer a sociedade no estranxeiro. Redactouse un cuestionario que constaba de oito apartados: Galicia y sus habitantes; Idioma y literatura populares de Galicia; Costumbres de Galicia; Fiestas y calendarios popular de Galicia; Creencias y supersticiones populares de Galicia; El trabajo y artes populares de Galicia; Conocimientos populares del jogar o ciencia del vulgo; e El mar.

Os membros da sociedade viaxaron por tódalas comarcas de Galicia, preguntándolle a xente ata as cousas máis triviais como a forma de cortar e peitear o cabelo. Pardo Bazán tomouse a sociedade moi en serio e dedicouse a anotar todo cando oia: os ditos, refráns, cantigas, lendas e tradicións. Como produto do seu entusiasmo e traballo e investigación naceu catro anos máis tarde en 1888 "De mi tierra", escolma de artigos sobre o folklore galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tolosana Lisón, Carmelo: Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega. Madrid, Ed. Akal, 2004.
  • Carreño, Antonio:Actas do segundo congreso de estudios Galegos. Vigo: Galaxia, 1991, ISBN 84-7154-805-4