El Eco de la Verdad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de la Verdad
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 2679
editar datos en Wikidata ]

El Eco de la Verdad foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1868 e 1869.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista semanal, científica y literaria, apareceu o 7 de marzo de 1868. Publicábase os sábados. Órgano do tradicionalismo compostelán máis clerical, de simpatía carlista. Dirixido por Antonio López Ferreiro e editado por José María Paredes, entre os seus colaboradores figuraron Narciso Cepedano, Ovilo y Otero, Fernando de la Vega, Oviedo Arce, Miguel Eleizequi e José Lafuente. Tiña seccións agrícolas, instrutivas, relixiosas, recreativas, de antigüidades ou variedades, artigos históricos, científicos, bibliográficos, relixiosos e de investigación. O último número coñecido é o 66, que se publicou o 22 de xuño de 1869.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]