El Eco de Galicia (Lugo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de maio de 2015 ás 11:03 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

El Eco de Galicia foi un periódico editado en Lugo entre 1872 e 1898.

Historia e características

Subtitulado Periódico político, apareceu o 1 de agosto de 1872. Foi unha publicación trisemanal fundada por Manuel Vázquez de Parga Somoza. Estivo dirixido por Víctor Castro Somoza, Nicandro García Taboada, Antonio Villamarín, Ramón Iglesias Camino, Lorenzo Gómez Quintero (dende o 20 de maio de 1891), Emilio Tapia Rivas e o fundador. Interrompeu a súa publicación en 1875 e reapareceu en 1882. Comezou a súa terceira etapa en 1891.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas