El Defensor de Granada
El Defensor de Granada | |
---|---|
Tipo | Información xeral |
Cor | branco e negro |
Fundación | 20 de setembro de 1880 |
Remata | 20 de xullo de 1936 |
Propietario | Sociedad Editora Universal |
Fundador | Luis Seco de Lucena |
Tendencia | Liberal progresista |
Lingua | castelán |
Localidade | Granada |
Ámbito | (Granada) |
Periodicidade | diaria |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Defensor de Granada foi un xornal español de ideoloxía liberal-progresista e editado en Granada entre finais do século XIX e o primeiro terzo do século XX. Desapareceu tras o estalido da Guerra civil española.
Dende 1907 pertenceu á Sociedade Editorial de España.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1880 por Luis Seco de Lucena Escalada,[2] na súa etapa inicial o diario contou co financiamento e o apoio valioso de José Genaro Villanova, rico empresario e político granadino. O seu ámbito de difusión circunscribíase á cidade de Granada. En 1907 uniuse á Sociedade Editorial de España[1] —posteriormente reconstituída como Sociedad Editora Universal—, empresa que xa era propietaria doutros destacados xornais de ámbito nacional como El Imparcial ou El Heraldo de Madrid.[3][4]
O xornal converteuse no principal voceiro do liberalismo, o laicismo, a modernización do país e a rexenaración política, o que lle proporcionou un amplo público e lle permitiu gañar máis influencia que outros xornais. En 1927 tiña unha tirada de 12.000 exemplares diarios, o que o convertía no xornal máis importante de Granada.[3] No eido xornalístico local, os seus principais competidores daquela eran o Noticiero Granadino, La Publicidad e en menor medida La Gaceta del Sur.
Nos derradeiros doce anos de existencia, foi dirixido polo eminente escritor e xornalista Constantino Ruiz Carnero, que tamén destacou na súa faceta política e chegou a ser alcalde de Granada por un breve período.[5] Tras a proclamación da Segunda República Española, durante a década de 1930 El Defensor de Granada manifestouse claramente como simpatizante polo novo réxime.[6] Nestes anos o seu principal rival xornalístico foi o xornal Ideal,[7] de inspiración católica e conservadora.
Coincidindo co comezo da Guerra Civil Española, o 20 de xullo de 1936 El Defensor de Granada foi clausurado por mandato dos militares golpistas, sendo as súas instalacións asaltadas.[8] A propiedade quedou incautada polas forzas sublevadas.[9] O seu director foi detido días máis tarde, o 27 de xullo, e asasinado un día sen determinar de principios de agosto de 1936.[10] A represión tamén alcanzou a outro dos seus xornalistas, Eufrasio Martín,[11] cuxa esposa foi asasinada en lugar del —por non atoparse en Granada—. A contenda supuxo, en definitiva, a desaparición do diario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Correa Ramón 2000, p. 559.
- ↑ Checa Godoy 1989, p. 284.
- ↑ 3,0 3,1 Ruiz Sánchez 2005, p. 22.
- ↑ Sáiz & Seoane 1996, p. 77.
- ↑ Preston 2013, p. 249.
- ↑ Ruiz Sánchez 2005, p. 23.
- ↑ Ruiz Sánchez 2005, p. 25.
- ↑ Reig García 2011, p. 140.
- ↑ De las Heras 2000, p. 23.
- ↑ Gibson 1981, p. 141.
- ↑ Gibson 1981, p. 144.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República. Salamanca: Universidade de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5.
- Correa Ramón, Amelina (2000). Literatura en Granada, 1898-1998. Granada: Deputación Provincial de Granada.
- De las Heras Pedrosa, José Antonio (2000). La prensa del movimiento y su gestión publicitaria, 1936-1984 (PDF). Málaga: Universidade de Málaga.
- Gibson, Ian (1981). El Asesinato de Federico García Lorca. Barcelona: Editorial Bruguera.
- Preston, Paul (2013). El Holocauso Español. Odio y Exterminio en la Guerra Civil y después. Barcelona: Debolsillo.
- Reig García, Ramón (2011). La comunicación en Andalucía: Historia, estructura y nuevas tecnologías. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces. ISBN 978-84-939078-0-8.
- Ruiz Sánchez, José-Leonardo (2005). Catolicismo y comunicación en la historia contemporánea. Universidade de Sevilla.
- Sáiz, María Dolores; Seoane, María Cruz (1996). Historia del periodismo en España 3. El Siglo XX: 1898-1936. Alianza.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Defensor de GranadaArquivado 03 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual de Andalucía.